1. QUE SON OS BONOS CORAZÓN CONCHEIROS?
O programa de Bonos Corazón Concheiros é unha iniciativa do Concello de Santiago que ten por obxectivo incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería da rúa dos Concheiros e da contorna.
Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante. Hai tres tipos dispoñibles:
Cadaquén poderá escoller libremente entre calquera das 3 modalidades, sendo posible solicitar máis dun bono da mesma clase.
O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos realizadas nos establecementos adheridos ao programa antes do 31 de maio de 2022, ata o esgotamento do saldo.
Para máis información prema no link (Bonos Corazón Concheiros (bonoscorazoncompostela.gal).